(fin de semana no Salón do Cómic)
Pois este fin de semana foi o Salón do Cómic en Barcelona, comezou o día 17 xoves pero o primeiro día que asistín eu foi o 19.
O Salón do Cómic é como unha especie de feira do libro pero de cómics, á que asisten autores, na que se fan distintas exposicións e que se celebra todos os anos.
Este ano decidín asistir principalmente porque ía ir a asinar cómics o autor dunha das miñas coleccións favoritas,Terry Moore autor de SiP (Strangers in Paradise,) ademais de que saía o último número de dita serie para a súa venda no salón...
Así que alí fun, disposta a mercar cómics e a conseguir o seu autógrafo como fose. Entereime dos horarios nos que asinaba e me plantei no stand de Ficomic ás 15:45 para facer cola (ía a vir Terry Moore ás 16:30).
Un rato despois vén un dos organizadores do stand e me di que me vai poñer un cartel pegado na espalda para que a xente que veña saiba que eu son a última e que o autor non vai asinar ningún cómic máis a partir de min (todos os autores tiñan un límite de 25 sinaturas por cuestión de tempo e de traballo xa que ademais de asinar soen facer un debuxiño).
Espero e espero, vén xente despois ca min e moitos me preguntan polo cartel, con vergonza dígolles a todos o que significa e van marchando pouco a pouco.
Dan as 17:30 e a cola que tiña diante só avanzara dúas veces...
Preto das 18:00 chámanme para pedirme o meu nome e apuntalo nunha lista cos nomes de todos os que estabamos esperando porque ao parecer Terry Moore estaba moi canso e precisaba marchar pero se comprometía a asinarnos ás 18:30 que ía ir ao stand de Norma onde estaba concertada a súa próxima cita.
Collemos todos os nosos bártulos e marchamos ao stand de Norma para facer cola esperando ser os primeros aos que lles asine. Alí me atopo con todas as persoas ás que lles tiven que ir dicindo que eu era a última á que lle ía a asinar no stan de Ficomic, todos facendo cola esperando unha sinatura.
Os organizadores do stand de Norma dinnos cando chegamos que non temos preferencia, que por ser outro stand teremos que facer cola de novo como se non levásemos máis de dúas horas esperando que nos asine, protestamos e van falar co autor. Mentras tanto danlles número aos que estaban esperando xa que neste stand Terry Moore se comprometera a asinar 15 cómics.
Despois de máis de media hora aparece de novo unha das rapazas da organización de firmas neste stand, dinos que nos vai dar número para que nos asine, pero que o fará despois dos 15 que estaban alí facendo cola, nós somos 10 e eu son a última...
Vexo como todos aqueles aos que lles dixen "Síntoo son a última a partir de min non vai a asinar a ninguén máis", van marchando co seu debuxo e a súa sinatura.
Por fin, ás 19:30 só quedan tres persoas diante miña, estou a un paso.
Son tres italianos moi majos que levan toda a tarde falando comigo e que están tan desesperados coma min por conseguir a firma de Terry Moore. Foron eles os que me tiveron ao tanto de todo aquilo do que eu non me enterara.
E por fin o meu turno.
Faime un debuxo e dedícamo "Para Saleta! Terry Moore 08", estréitolle a man, doulle as gracias e... marcho dando saltos e berrando de alegría!!!
Despois de catro horas de espera, por fin teño o meu cómic asinado!!!!
Despois diso estaba tan eufórica que intentei conseguir autógrafos de máis autores estranxeiros como Quino (autor de Mafalda) ou Tim Sale (autor dos dibuxos da serie Héroes e dun cómic da serie) pero cando chego o día seguinte ás 15:30 ao stand de Ficomic xa están pechadas as colas (Quino asinaba ás 18:30 e Tim Sale ás 16:30).
Así que me conformo co meu autógrafo de Terry Moore e un de Norberto (autor galego).
A parte diso conseguín moitos cómics e deixei moitos cartos...
Se podo o ano que vén estou alí o xoves!